viernes, 26 de enero de 2007

Para Saludina!

Oxe estiven a ollar unhas vellas fotos, fotos nas que eu aínda non saia.
Entre elas estaba ela, aínda en Galiza, ó pe dun cabazo. Portaba un destacado sorriso debaixo do narís, cunha miradiña de moza pícara que chamou enormemente a miña atención. Vina moi fermosa, moi alegre e forte.
Daquela, ela non sospeitaba o que lle ía a pasar,
daquela non tiña fillos nin netos,
daquela non tiña cancro,
daquela non estaba morta.

Para Saludina, a miña tía, que morreu onte a causa dun cancro en Barcelona.

UN BICO!!!

Etiquetas: , ,

Paseando cun libro

luns, 15 de xaneiro, 2007 21:32

Oxe foi un día para min abstruso, abstruso case na sua totalidade.
O mellor de oxe foi un paseiño nas vellas rúas da fría pedra Compostelá. Só frías, frías e en silencio, gardando os segredos seculares desta vella cidade.

O meu pequeno descanso foi no Literarios, situado ó lado da Catedral, na praza da Quintana, esa praza que me recorda (non sei a razón) a un enorme pedregal, o famoso pedregal veciño do Ézaro. Mentres tomaba o meu obrigado café do día, tiña nas miñas mans un peculiar libriño dunha estupenda rapaza que coñecín fará unha semaniña ou dúas nun xeitoso local da súa terra, que dun xeito paradóxico é a miña tamén, a nosa vilainferno... que nomeala non é sinxelo, xa que parece “un nome parágoxe”.
Ó que ía... O libro titúlase -Casa atlántica, Casa Cabaret- de María Lado. Lese moi rápido, e relese con facilidade.Pois ben! Fíxome pensar, recordar que algún día fun un cativo, que xa non vivo na casa na que me criei, que nunca tiven colgada unha foto nas branquiñas paredes do meu fogar, tan só cadros, cadros da miña nai e debuxos, debuxos que con cariño dedicaba ós meus pais. As fotos, eses recordos de papel, sempre permaneceron víctimas do esquecemento nalgún dos estantes, non sei que foi delas. Posiblemente anden por algunha das caixas do faiado, dentro dos álbums e envoltos en papel de xornais vellos. Agora que o penso, podería decorar o meu novo fogar con esas fotos, pero non me apetece, estou acostumado ás manchas das paredes, os cadros e fotos invisibles, que deixaron as súas pegadas con marcas, que me fan saber que antes vivía alguén nela, alguén que non quería esquecer momentos. Os recordos poden ser moi fermosos, moi doces, ou horrendos e amargos. En fin os recordos están, os recordos de neniño, recordos dunha casa, recordos de fillo, recordos de familia, os recordos...os recordos non están só nas fotos...

Encantoume, parabéns á autora, aínda que xa fai algúns anos que o escribiu... Outro día espoño a miña opinión de -Berlín-
(escrito o día 15 de xaneiro)

Etiquetas: , ,

miércoles, 17 de enero de 2007

O documental "Noticias De Una Guerra"

Oxe vin nos cines Valleinclan este documental, moi interesante, recomendovolo Noticias De Una Guerra,(93 Min) Dirixida por Eterio Ortega Santillana.

Documental en branco e negro, no que mesturan imaxes esquecidas de arquivo, e novas imaxes cereadas para a ocasión.

"O 1 de xaneiro de 1936 convocanse as elecións xerais en España. É a segunda vez que as mulleres poden votar. A campaña electoral mostra con claridade a diferencia entre as pasións da dereita e da esquerda. Ol 1 de xaneiro vota o 72% do censo. Por estreito marxe, gana o Frente Popular. A partires dese momento, as diferenzas entre a esquerda e a dereita pasan con rapidez das verbas ó feitos."

martes, 16 de enero de 2007

O efecto de evadirse

Deitado en compostela despréndome do mundo material, imaxino o son do mar nos cantís de Fisterra cunha imaxe mental medio abstrata do mar. É o efecto de evadirse da fermosa Compostela, é o efecto de soñar que estás deitado no mar.

Reencontro inesperado

Cando a coñecín, recordoume a unha amiga da infancia, pareceronme igualiñas, os xestos, a mirada, a forma de falar pero un pouco mais crecidiña.
Oxe preguntándolle por preguntar cal era o seu nome real, (porque sempre a chamamos todos polo nome de pila), dixome que era Sara, Igual que a rapaza a que me recordaba. Non pensei en ningún momento que poidese ser ela, pero cando me dixo que eu lle recordaba borrosamente a un amigo do colexio, deime de conta que era ela. Menuda coincidencia, fai meses que pensaba que xa a coñecía, pero en realidade coñezoa dende fai anos.

Para min foi unha alegría.

Etiquetas: , , ,

lunes, 15 de enero de 2007

Outra vez o vello tantaruleiro

Xa chegou a dar a vara.
xa chegou o tantaruleiro,
cos tapullos,
co disfraz de tangariña.

Xa chegou a dar a vara.
xa chegou o no va más,
o señorito peito lobo.
O velliño, vellaco e mentireiro.

Etiquetas: , ,

martes, 9 de enero de 2007

SEN TITULO.

STOP. Reinicia,
procesa os datos.
En dous segundos, repasa
as memorias da tua vida.


STOP. Formatea,
en dous segundos, elimina
as memorias da tua vida.

STOP. Recorda,
non recordas nada.

Agora fai da tua vida,
O QUE DESEXES


"Follasenbranco" Danny Raatzke-Xaneiro 09-01-2007

Etiquetas: , , ,

Frase "Celebre" 1

Unha frase que lin dun ou dunha poeta que se me quedou grabadiña na cachola...


"O motor do mundo é o medo
non o amor, o medo"

lunes, 8 de enero de 2007

DIGO VIET NAM E BASTA

Digo bomba de fósforo. Apenas digo nada. Digo lombriga e larva de carne podrecida. Digo nenos de napalm, terror de noite e selva, fedor de cidade e cloaca. Fame, suor, aldraxe, pugas de aceiro, antropofaxia. Digo guerra bestial, tremor de terra, crime, lume, lava, estoupido, verdugo e mortandade en masa. Digo gas abafante. Apenas digo nada. Digo yanqui invasor, depredador de patrias. Digo plutonio, pentágono, esterco bursátil, palanca. Presidente, gadoupa, chuvia, amargura, baba. Digo petróleo, ferro, mineral, trampa, lobo, caimán, polaris, cóbrega, miseria, diplomacia. Digo devastación que USA, usa. Apenas digo nada. Digo Viet Nam i está xa dito todo cunha soa palabra. Para abranguer a vergonza do mundo, digo Viet Nam e basta.

"Digo Viet Nam e basta", pertence ao libro Viaxe ao país dos ananos (1968) de Celso Emilio Ferreiro