viernes, 26 de enero de 2007

Paseando cun libro

luns, 15 de xaneiro, 2007 21:32

Oxe foi un día para min abstruso, abstruso case na sua totalidade.
O mellor de oxe foi un paseiño nas vellas rúas da fría pedra Compostelá. Só frías, frías e en silencio, gardando os segredos seculares desta vella cidade.

O meu pequeno descanso foi no Literarios, situado ó lado da Catedral, na praza da Quintana, esa praza que me recorda (non sei a razón) a un enorme pedregal, o famoso pedregal veciño do Ézaro. Mentres tomaba o meu obrigado café do día, tiña nas miñas mans un peculiar libriño dunha estupenda rapaza que coñecín fará unha semaniña ou dúas nun xeitoso local da súa terra, que dun xeito paradóxico é a miña tamén, a nosa vilainferno... que nomeala non é sinxelo, xa que parece “un nome parágoxe”.
Ó que ía... O libro titúlase -Casa atlántica, Casa Cabaret- de María Lado. Lese moi rápido, e relese con facilidade.Pois ben! Fíxome pensar, recordar que algún día fun un cativo, que xa non vivo na casa na que me criei, que nunca tiven colgada unha foto nas branquiñas paredes do meu fogar, tan só cadros, cadros da miña nai e debuxos, debuxos que con cariño dedicaba ós meus pais. As fotos, eses recordos de papel, sempre permaneceron víctimas do esquecemento nalgún dos estantes, non sei que foi delas. Posiblemente anden por algunha das caixas do faiado, dentro dos álbums e envoltos en papel de xornais vellos. Agora que o penso, podería decorar o meu novo fogar con esas fotos, pero non me apetece, estou acostumado ás manchas das paredes, os cadros e fotos invisibles, que deixaron as súas pegadas con marcas, que me fan saber que antes vivía alguén nela, alguén que non quería esquecer momentos. Os recordos poden ser moi fermosos, moi doces, ou horrendos e amargos. En fin os recordos están, os recordos de neniño, recordos dunha casa, recordos de fillo, recordos de familia, os recordos...os recordos non están só nas fotos...

Encantoume, parabéns á autora, aínda que xa fai algúns anos que o escribiu... Outro día espoño a miña opinión de -Berlín-
(escrito o día 15 de xaneiro)

Etiquetas: , ,

2 comentarios:

Blogger Bandini ha dicho...

felicidades por el doble descubrimiento.

30 de enero de 2007, 18:38  
Anonymous Anónimo ha dicho...

:)

1 de febrero de 2007, 22:25  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio