lunes, 8 de enero de 2007

DIGO VIET NAM E BASTA

Digo bomba de fósforo. Apenas digo nada. Digo lombriga e larva de carne podrecida. Digo nenos de napalm, terror de noite e selva, fedor de cidade e cloaca. Fame, suor, aldraxe, pugas de aceiro, antropofaxia. Digo guerra bestial, tremor de terra, crime, lume, lava, estoupido, verdugo e mortandade en masa. Digo gas abafante. Apenas digo nada. Digo yanqui invasor, depredador de patrias. Digo plutonio, pentágono, esterco bursátil, palanca. Presidente, gadoupa, chuvia, amargura, baba. Digo petróleo, ferro, mineral, trampa, lobo, caimán, polaris, cóbrega, miseria, diplomacia. Digo devastación que USA, usa. Apenas digo nada. Digo Viet Nam i está xa dito todo cunha soa palabra. Para abranguer a vergonza do mundo, digo Viet Nam e basta.

"Digo Viet Nam e basta", pertence ao libro Viaxe ao país dos ananos (1968) de Celso Emilio Ferreiro

2 comentarios:

Blogger Mr Tichborne ha dicho...

digo Iraq e basta...

28 de enero de 2007, 23:53  
Anonymous Anónimo ha dicho...

tamén!!

1 de febrero de 2007, 22:34  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio