viernes, 23 de marzo de 2007

Noite de creación?

Unha videocreación moi curta que fixen para experimentar as miñas cousas e sen realmente moito coidado coa luz e outros elementos, pero xa que está feito dixenme "oes! meteo no blog que non perdes nada, cousas peores se viron" e ista é a historia pola que este "video" está eiquí...


jueves, 22 de marzo de 2007

Curiosidades dun evento

a primeira falaba en catalá
a segunda en portugues e un pouco de inglés
o primeiro buscou un borralleiro pra deixar a goma de mascar e recitar
o último, mencionou a Deus e obrigoulle furioso e mirando ó "teito" que parase a guerra. Logo de calar, soaron as campás da cercana catedral compostelá e permaneceu en silenzo ate que canso do "dindón" mirou pola fiestra erguendo a man coa palma aberta a xeito de..."podes parar?" e a catedral deixou de dicir "dindón"
lugar: consello da cultura galega
acto: Dia Mundial da Poesía
día: 21.03.2007

martes, 20 de marzo de 2007

Chove


A mudanaza dos paraugas

Foto: Danny Raatzke
Lugar: Compostela.Diante de San Martiño Pinario

martes, 6 de marzo de 2007

Nación Mundial Galega


A Asociación Cultural Fillos de Galicia proclama este símbolo que pretende identificar a Nación Mundia Galega
Nela representase o caracter dual da nación
-a banda azul tradicional galega que representa a parte da Nación que vive en Galiza.(ver o link para saber mais de ela)
-e a outra, que se cruza e une coa primeira nun único corpo dunha mesma cor, representa aos galegos de fóra de Galiza.(ver o link, se tedes interese explican moi ben :) )
-e as beiras negras representan a dor.
Non pretenden substituir á bandeira de hoxe en día, é simpremente un símbolo identificatorio para todos os galegos que residen dentro ou fora de Galiza... Porque os galegos somos Galiza.

Etiquetas: