jueves, 17 de mayo de 2007

Ignoro o xeito, pero Mary conseguiu conservar unha miradiña de nena inqueda e pícara que implicaba todo o seu corpo. Verbalmente era algo fría pero moi exacta, como se os 4 años estudando hostelería servisen para facela moi correcta e educada.
A Mary que eu coñecín gustáballe xogar cando bebía, de noite o alcohol rachaba en ela unha rebeldía que agochaba de día.
Un cúmulo de acontecementos que descoñezo fixeron que a Mary que eu coñecía desaparecese, perdeu os amigos, o traballo e acabou vivindo soa e sen sair da casa coma se dun despojo da sociedade se tratase. Esta mañá morreu o pouco que quedaba de ela.
É agora cando recordo as conversas que tiñámos sobre os suicidios do rock, para ela estaban cargados de morbo e admiraba o valor dunha persoa para quitarse a vida. Esa obsesión que tiña
polo suicidio foi a sua perdición, intentouno en varias ocasións nos últimos meses sen conseguilo, pero como lle dicía eu...-Mary, só te podes suicidar unha vez, e despois de suicidarte que pensas facer...? -pero nunca me dixo nada, xamais contestou.
agora a pregunta é outra...¿Mary, e agora que pensas facer?

3 comentarios:

Anonymous Anónimo ha dicho...

soy esa "Mary" y no estoy muerta, siento como me comporte con todos vosotros pero tengo una mala racha, espero que accedais a tomar un cafe todos juntos y tener unas conversaciones. saludos Danny
(miriam)

18 de mayo de 2007, 19:50  
Blogger Ra ha dicho...

Guau.
Bonito, Danny.

19 de mayo de 2007, 9:35  
Blogger Danny Raatzke ha dicho...

gracias Ra

21 de mayo de 2007, 14:11  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio