lunes, 14 de mayo de 2007

FromHell invitoume a facer este famoso cuestionario en cadea aos que non me gusta responder pero que sempre se pode facer unha excepción
Agora, con permiso dos presentes...

O principal rasgo do meu carácter: intento facer o que quero, resulto por iso un pouco espontaneo ou impredecible…
A cualidade que prefiro nun home: intelixente, creativo, iluso, seguro…
A cualidade que prefiro nunha muller: intelixente, creativa, ilusa, segura, simpatica…que me sorprenda...
O que mais aprecio nos meus amigos: que me aturen, as risas, as copas…
O meu principal defecto: que decido o que facer e como no último momento
A miña ocupación preferida: depende todo de que hora, de que sitio con que xente, con que humor…
O meu soño de dicha: vivir nun soño
¿Cal sería a miña maior desgraza? Ser un desgraciado
¿Que querería ser? Eu, chegar a ser eu pero mellor…
¿Onde desexaría vivir? Gustariame alternar lugares de residencia…
A cor que prefiro depende con que ollo a mire…
A flor que prefiro: nunca me preguntei eso....
Se teño que elexir un paxaro un que sepa voar
Autores preferidos en prosa: Cortazar, Charles Bukowski é o actual protagonista da miña lectura
Poetas preferidos: que difícil… estou farto dos clásicos e con perdón… pero todos aqueles que plasman algo claro, directo, fermoso ou horrendo pero que se vexa que son eles mesmos.
Os meus heroes e heroínas de ficción: nos meus soños...eu con pasamontañas fluorescente, que cousas raras non?
Os meus compositores favoritos: moitos… pero non teño favorito :S
Pintores predilectos: coincido con Ra por Dalí, Matisse, Escher, Ernst, tamén a miña nai… e Schiele
Os meus heroes da vida real son: carallo coa preguntiña... todos aqueles que teñen o valor de perseguir un soño e que nunca se rinden
Nomes favoritos: depende para quen...
¿Qué detesto mais que nada?: as malas persoas, os malos olores, algunha que outra institución, empresa u companía.
¿Qué caracteres históricos desprezo mais?: Non o sei… desprezo o carácter histórico da igrexa, o carácter histórico da evolución autodestructiva e involutiva e tantas cousas mais…
O feito militar que mais admiro: a queima das armas que hai no mundo sería un suicidio xa que non quedaría oxigeno para respirar, pero que se reciclasen e que as meteran polo cu a modo de consolador non estaría mal
A reforma que mais admiro:as reformas que melloran o que está mal, regular ou ben, pero que nunca empeoren a situación…
¿Que don natural querería ter? Poder desaparecer cando desexaría non estar...
¿Como me gustaría morrer? Sen dor, acompañado, con paz, e sentir que o meu viaxe foi ainda que sexa mínimamente… útil...
Estado presente do meu espírito: aburrido pero impaciente...
Feitos que me inspiran mais indulxencia: as inxustizas.
O meu lema: a xente pasa toda a vida labrando a sua persoa para intentar ser feliz e isto fai que se sintan desgraciados e infelices. A felicidade é unha ilusión, as desgrazas son reais, simplemente fai o que realmente queires facer, disfruta dos pequenos momentos que regala a vida, sexa un cigarro, un polvete, un café, unhas copas cos amigos, un libro,un filme…o que sexa… e estarás o mais preto posible de ser “feliz” (claro que isto é unha opinión persoal)

4 comentarios:

Blogger From Hell ha dicho...

Non está mal...nada mal.
saúde

15 de mayo de 2007, 16:31  
Blogger Ra ha dicho...

Cachisss, olvidé poner lo de los malos olores...
Buenas respuestas,amiguete.

15 de mayo de 2007, 20:06  
Blogger Danny Raatzke ha dicho...

gracias os dous ;)

15 de mayo de 2007, 21:55  
Anonymous Anónimo ha dicho...

tu siempre tan raro... pero no ta mal...

18 de mayo de 2007, 20:01  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio