jueves, 31 de mayo de 2007

Hoxe fixen un estudo detallado dos actos que realicei sen motivación ningunha na pasada semana e hai unha anotación ó final do listado en letras ben grandes...

..."NON VOLVAS A FACER OUTRA LISTA COMA ESTA"

miércoles, 23 de mayo de 2007

Despois de aquel tráxico incidente, ó chegar a sua casa e despois de fumarse un porro cargadiño de marijuana tomou unha segunda decisión, dispúxose a cometer unha segunda estupidez. A estúpida de Elen imaxinábase soa o resto da sua vida e tiña razón... saboreou os restos da pólvora que ainda permanecía recordando o cercano asasinato e apretou de novo o gatillo... o sangue mesturado cos sesos salpicaron todo o dormitorio, o seu corpo semi-ispido adquiría unha tonalidade azulada e permanecía tumbado sobre unha gran mancha vermella ... agora si que está soa, pero xa non pode setir nada...
Henrry xamáis a bicou, non tiña o valor para demostrar os seus sentimentos cara ela.
O problema foi que Elen sentía algo por el e era tal a forza do seu sentimento que cometeu unha estupidez. A frialdade de Henrry fíxolle pensar que non a quería e que estaba namorado doutra pero simplemente era pura timidez e disimulo. Elen non sabe nada non entende que Henrry era unha gran persoa e que a amaba. O certo é que Elen non sentía amor, sentía unha caprichosa obsesión o mesmo tempo que medo, medo a perder algo que xa imaxinaba eternamente os seus pes, ou dela ou de ninguén...

lunes, 21 de mayo de 2007

Aquí o primeiro "video-clip" dos colegas de Megaloves... Boísimos, teño ganas de veros en directo rapaces!! ;)

jueves, 17 de mayo de 2007

Ignoro o xeito, pero Mary conseguiu conservar unha miradiña de nena inqueda e pícara que implicaba todo o seu corpo. Verbalmente era algo fría pero moi exacta, como se os 4 años estudando hostelería servisen para facela moi correcta e educada.
A Mary que eu coñecín gustáballe xogar cando bebía, de noite o alcohol rachaba en ela unha rebeldía que agochaba de día.
Un cúmulo de acontecementos que descoñezo fixeron que a Mary que eu coñecía desaparecese, perdeu os amigos, o traballo e acabou vivindo soa e sen sair da casa coma se dun despojo da sociedade se tratase. Esta mañá morreu o pouco que quedaba de ela.
É agora cando recordo as conversas que tiñámos sobre os suicidios do rock, para ela estaban cargados de morbo e admiraba o valor dunha persoa para quitarse a vida. Esa obsesión que tiña
polo suicidio foi a sua perdición, intentouno en varias ocasións nos últimos meses sen conseguilo, pero como lle dicía eu...-Mary, só te podes suicidar unha vez, e despois de suicidarte que pensas facer...? -pero nunca me dixo nada, xamais contestou.
agora a pregunta é outra...¿Mary, e agora que pensas facer?

lunes, 14 de mayo de 2007

FromHell invitoume a facer este famoso cuestionario en cadea aos que non me gusta responder pero que sempre se pode facer unha excepción
Agora, con permiso dos presentes...

O principal rasgo do meu carácter: intento facer o que quero, resulto por iso un pouco espontaneo ou impredecible…
A cualidade que prefiro nun home: intelixente, creativo, iluso, seguro…
A cualidade que prefiro nunha muller: intelixente, creativa, ilusa, segura, simpatica…que me sorprenda...
O que mais aprecio nos meus amigos: que me aturen, as risas, as copas…
O meu principal defecto: que decido o que facer e como no último momento
A miña ocupación preferida: depende todo de que hora, de que sitio con que xente, con que humor…
O meu soño de dicha: vivir nun soño
¿Cal sería a miña maior desgraza? Ser un desgraciado
¿Que querería ser? Eu, chegar a ser eu pero mellor…
¿Onde desexaría vivir? Gustariame alternar lugares de residencia…
A cor que prefiro depende con que ollo a mire…
A flor que prefiro: nunca me preguntei eso....
Se teño que elexir un paxaro un que sepa voar
Autores preferidos en prosa: Cortazar, Charles Bukowski é o actual protagonista da miña lectura
Poetas preferidos: que difícil… estou farto dos clásicos e con perdón… pero todos aqueles que plasman algo claro, directo, fermoso ou horrendo pero que se vexa que son eles mesmos.
Os meus heroes e heroínas de ficción: nos meus soños...eu con pasamontañas fluorescente, que cousas raras non?
Os meus compositores favoritos: moitos… pero non teño favorito :S
Pintores predilectos: coincido con Ra por Dalí, Matisse, Escher, Ernst, tamén a miña nai… e Schiele
Os meus heroes da vida real son: carallo coa preguntiña... todos aqueles que teñen o valor de perseguir un soño e que nunca se rinden
Nomes favoritos: depende para quen...
¿Qué detesto mais que nada?: as malas persoas, os malos olores, algunha que outra institución, empresa u companía.
¿Qué caracteres históricos desprezo mais?: Non o sei… desprezo o carácter histórico da igrexa, o carácter histórico da evolución autodestructiva e involutiva e tantas cousas mais…
O feito militar que mais admiro: a queima das armas que hai no mundo sería un suicidio xa que non quedaría oxigeno para respirar, pero que se reciclasen e que as meteran polo cu a modo de consolador non estaría mal
A reforma que mais admiro:as reformas que melloran o que está mal, regular ou ben, pero que nunca empeoren a situación…
¿Que don natural querería ter? Poder desaparecer cando desexaría non estar...
¿Como me gustaría morrer? Sen dor, acompañado, con paz, e sentir que o meu viaxe foi ainda que sexa mínimamente… útil...
Estado presente do meu espírito: aburrido pero impaciente...
Feitos que me inspiran mais indulxencia: as inxustizas.
O meu lema: a xente pasa toda a vida labrando a sua persoa para intentar ser feliz e isto fai que se sintan desgraciados e infelices. A felicidade é unha ilusión, as desgrazas son reais, simplemente fai o que realmente queires facer, disfruta dos pequenos momentos que regala a vida, sexa un cigarro, un polvete, un café, unhas copas cos amigos, un libro,un filme…o que sexa… e estarás o mais preto posible de ser “feliz” (claro que isto é unha opinión persoal)

viernes, 11 de mayo de 2007

Chu Chu, Chus Chus!!

Perdín o tren, outra vez. Está o meu asento valeiro e non podo mirar pola fiestra, non estou. Isto cambia as cousas? a partir de agora nunca estarei no meu sitio? ou é o que tiña que pasar? perdín o tren, por o que...nunca poderei voltar...

jueves, 10 de mayo de 2007

verbas paranoides?

Ver as ondas do mar con espíritu de rebeldía é pasado para min, agora véxoas coma se dunha danza contemporánea e monótona ó longo dos séculos. Como o sol incidindo na terra con femosas postas de sol, e abríndose o ceo doume de conta de que comeza ou remata outro día e expirimento unha sensación que vai dende a tristura á alegría, pasando por a miña fantasía... A sensación de impotencia interrumpible remata cando rompe a cadea do predecible, como agora, que predizco que non saberei mais de ti. Se me chamas, se me visitas, se simplemente me volves mirar con eses ollos de nena inqueda e pícara que implica todo o teu corpo, ou simplemente me mandas un email, axudaras a que esa cadena do predicible coa sensación de impotencia interruptible desapareza nestes momentos da miña persoa...