domingo, 29 de abril de 2007

Hoxe, mentres sentaba tranquilamente no banco dun parque, acercouse unha nena loura que tería uns 5 anos, e berrou...
_"Mamá, xq está triste este señor?" estaba diante miña mirándome con pena, sentou no chan sen sacar a mirada e preguntoume...
_"Que te paso?"eu non contestei e percateime de que tiña razón, estaba triste, pero non sei en que podía ela notar a miña tristura.
Marchou correndo e de alí a un anaquiño voltou cunha flor que arrancou dos xardíns, en sen dicir nada deixouna no banco, o meu carón.
mirei para a neniña e dinlle as grazas sorrindo...
_"Mamá, ya está contento!"
a nai colleuna fortemente do brazo e dixo...
_"no molestes al chico"- e mirando para min dixo _"Perdona!"
eu erguinme ... a nena berrou...
_"la flor!!" e a nai _"Que te dije yo, eh!"
e eu marchei, ...sen a flor...

martes, 17 de abril de 2007

O fin do conto

Cando "caperucita roja" vestiu de negro
xa era velliña
velliña e de loito,
pois morreulle a aboa
morreulle o lobo
e morreulle o conto